The men, the music, the facts
A HISTORIA

 

  English - Castellano  
1981  Decembro 
Despois dun accidente de tráfico formase o grupo en Vigo (Galicia, ó noroeste de España) con plantexamentos iconoclastas e neo-dadaístas nos textos : punk rock galego contra-lo aburrimento xeral. 
1982  Xaneiro 
Maqueta con doce temas enviada ó programa "Esto no es Hawai" de Jesús Ordovás en Radio 3 (Radio Nacional de España) 
Xuño 
Publicase o EP "AYUDANDO A LOS ENFERMOS" en DRO unha das novas independentes que xurdiron nesa época. 
Novembro 
Primeiro álbum ¿CUANDO SE COME AQUÍ ? (DRO 82) con quince temas gravados en tres días : éxito de ventas alternativas. 
1983  Xaneiro 
Actuacións en Rock Ola (Madrid), local clave para os novos grupos de todo o Estado. Gravación de dous temas para o programa Caja de ritmos de Televisión Española : se censura a súa emisión. 
Abril 
Germán Coppini (voz) deixa o grupo que grava o seu novo disco como trío en Setembro. 
Novembro 
Segundo álbum SINIESTRO TOTAL II : EL REGRESO (DRO, 83) con 21 temas e producido por Paco Trinidad. 
1984  Xaneiro 
Novas actuacións en Madrid (Rock Ola), Valencia, Vigo , etc. Publícase o maxi-single SURFIN´ CCCP compartido con Os Resentidos e adicado ós líderes soviéticos mortos nesa época. 
Novembro 
Terceiro álbum Menos mal que nos queda Portugal (DRO, 84) tamén producido por Paco Trinidad : o punk da paso o power-pop e mais o rock. 
1985  Maio 
Javier F. Soto (guitarra) únese ó grupo. Na xira do verán e grávanse algúns dos concertos (Valladolid, Vigo. etc.) 
Decembro 
Cuarto álbum Bailare sobre tu tumba (DRO, 85) cunha cara gravada no directo e outra no estudio. 
1986  Marzo 
Recopilación de caras B e rarezas de GRANDES EXITOS (DRO, 86). Xira por toda España. 
1987  Abril 
Sexto álbum De Hoy No Pasa (DRO, 87), derradeiro traballo producido por Paco Trinidad. 
Outubro 
Alberto Torrado deixa o grupo para unirse a Os REsentidos. Julián Hernández deixa a batería e pasa a cantar e tocar a guitarra. Siniestro Total e provisionalmente un trío con músicos de estudio. 
1988  Abril 
Sétimo álbum Me Gusta Como Andas (DRO, 88), producido por Eugenio Muñoz : hard rock e rythm´n´blues con letras mais ácidas e menos optimistas. Únense ó grupo Segundo Grandío (baixo) e Ángel González (batería). 
Setembro 
Maxi-single ALÉGRAME EL DÍA (DRO, 88), primeira gravación como quinteto. 
1989  Febreiro 
Video-clip dirixido por Antón Reixa do tema Hermano bebe . 
Agosto 
Viaxe a Arxentina para actuar en Bos Aires dentro dun ciclo de actividades galegas. 
1990  Abril 
Oitavo álbum e primeiro disco de ouro EN BENEFICIO DE TODOS (DRO, 90), producido por Eugenio Muñoz e gravado en Madrid, como todo-los anteriores. Entra no grupo o 6º membro na sombra : Xosé Manuel Blanco, manager persoal. 
1991  Xaneiro 
Creación de LOQUILANDIA, corporación que aglutina diversas actividades de ST (editorial, merchandising, etc.). 
Setembro 
Deixan DRO e firman coa multinacional BMG-Ariola
1992  Febreiro 
Noveno álbum gravado en directo en Valencia con temas de todo-los anteriores : Ante Todo Mucha Calma (BMG-Ariola, 92), gravado e misturado por Eugenio Muñoz. Editase tamén en vídeo. 
1993  Maio-Xuño 
Viaxe a Memphis (USA) para gravar con Joe Hardy, productor dos ZZ Top, Georgia Satelites, Jef Healey, etc. 
Setembro 
Publicase o décimo álbum Made in Japan (BMG-Ariola, 93), producido por Joe Hardy. Primeiro video-clip El hombre medicina , dirixido por Mikel Clemente. 
Decembro 
Segundo video-clip "Yo Dije Yeah" tamén dirixido por Mikel Clemente coa colaboración de Alex de la Iglesia, director da película Acción Mutante . Publicase unha biografía escrita por Jesús Ordovás : Siniestro Total : Apocalipsis con grelos . 
1994  Xaneiro 
Miguel Costas deixa a banda que permanece como cuarteto. Xira de inverno en clubs pequenos con aparicións baixo outros nomes e tocando a música de Frank Zappa e outros vellos coñecidos (Revolver Club, Madrid ; Playa Club, A Coruña ; A Nasa, Santiago ; etc.). 
Abril 
Terceiro vídeo de Mikel Clemente "Cuenca Minera" . O derradeiro álbum Made in Japan publicase en Portugal. 
Setembro 
Final de xira do verán en Madrid. 
1995  Marzo-Abril 
Gravación en Memphis de novo baixo a producción de Joe Hardy. Mikel Clemente roda imaxes ó longo do Mississipi para unha reportaxe e un novo video. 
Maio 
Publicación de Policlínico Miserable (BMG-Ariola, 1995), con dezasete temas e portada e debuxos de Daspastoras. Primeiro single e vídeo Y Yo Me Callo
Xuño 
Presentación do disco e a xira na Sala Revolver de Madrid coa incorporación ó saxo ea percusión de Jorge Beltrán. O vestiario o deseña Suso Montero. Novo vídeo con Mikel Clemente rodado en Urnieta (Guipúzcoa) da canción Solo los estúpidos tienen la conciencia tranquila. 
Agosto 
Gravación do tema satánico "Mi nombre es legión" para o disco da banda sonora da película "El día de la bestia" de Alex de la Iglesia. 
Setembro 
Novo single do Policlinico "Respeten Nuestro Dolor". 
Decembro 
Finalización da xira do Policlinico en Naron (A Coruña) .  
1996  Xaneiro-Febreiro 
Comeza de novo o traballo de composición: maqueta con doce temas en castelán, inglés e galego ( Facundo busca lío , Land of opportunity , O que ten cu ten medo , ...). 
Marzo  
Primeiros esbozos do proxecto Cultura Popular , co traballo de búsqueda exhaustiva por coleccións e arquivos polvorentos de temas españois de rock e pop de catro décadas. Mikel Clemente faise cargo da realización e produción da parte visual, coa colaboración de Iñaki Mintegui . José Luis Arrizabalaga aporta o concepto escenográfico. A idea é reproducir un atípico programa da TV (o escenario será un xigantesco televisor) onde nárrese unha atípica historia da música ibérica con actores, diapositivas e vídeo. Ante as dimensións do traballo, aparcase momentaneamente a composición de novo material e a vella e anhelada idea dun disco de blues. 
Abril  
Paralelamente ó proxecto Cultura Popular desenvolvese a xira '96 de ST. Dada a diversidade e renovación do repertorio grávanse varios dos concertos. O final de ano haberá material procedente das actuacións en Maceda (Galicia), Oviedo, Zaragoza, Madrid y Buenos Aires.  
Agosto 
Edición en videocasete de "La vida es deliciosa" (BMG-Ariola, 1996): unha recopilación de imaxes e música que, a modo de documental, describe o traballo mais a vida do grupo durante os seus dous derradeiros discos. Tamén inclúe todolos videoclips (algún inédito) e material en directo. Todo elo filmado e editado có habitual estilo e elegancia de Mikel Clemente e o seu séquito de impecables axudantes.  
Setembro  
Hall of Fame, discográfica independente, publica un CD titulado Unmatched (Tributo a Zappa) , recopilación de grupos españois versioneando ó mestre. Siniestro Total aporta-la gravación en directo de Camarillo Brillo e Stick it out , realizada na Sala Revolver de Madrid en Xaneiro do 1994. 
Outubro  
Os días 9 e 10 e tras sete meses de traballo, presentase no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela o espectáculo audiovisual Cultura Popular . Concebido para a apertura do curso universitario 1996/97, gravase todala música en 32 pistas dixitais e unha unidade móbil fai o propio ca parte visual (escenografía, actores, proxeccións, cine e vídeo) baixo a supervisión de M. Clemente. 
Novembro  
Mesturas en ARDENT Studios (Memphis, USA), coa colaboración inestimable de Joe Hardy, da parte sonora de Cultura Popular . Fin da xira española '96 en Madrid (La Riviera) y Barcelona (Zeleste) nun fin de sema memorable por múltiples razóns.  
Decembro  
Sae á venda o novo disco do Xabarin Club da Televisión de Galicia ( A cantar con Xabarín Vol. III e IV: ¡Cada día somos mais! - Boa, 1996) que conten unha nova colección de temas de artistas galegos e portugueses. Siniestro Total aporta o tema O quen ten cu ten medo gravado con Kaki Arkarazo nos controles. ST tocan en Bos Aires na sala Dr. Jekyll o xoves 12. Ante o éxito de público repítese a actuación o domingo 15. Este reencontro co público americano significa mais ben o comezo dunha fermosa amizade da que xurden diversos proxectos para o futuro: publicación de discos, colaboracións, xiras, etc.  
1997 

Julián, Angel, Soto, Segundo

Xaneiro 
Reanúdase o traballo de composición do novo material e Segundo Grandío mestura o mellor do que se gravou en directo de 1996 con vistas a un álbum de publicación exclusiva na América Latina que terá o nome de Así empiezan las peleas .  
Febreiro 
Colaboración con entusiastas informáticos da Universidade de Granada para a construcción da páxina Web de Siniestro Total en Internet (www.siniestro.com).  
Marzo 
Firma dun novo contrato discográfico trala finalización do anterior con BMG-Ariola. Siniestro Total traballa a partires de agora con Virgin Records e o contrato inclúe a publicación de proxectos non estandar, unha vella aspiración da banda. O grupo é portada de El Pais de Las Tentaciones (suplemento do diario El Pais ) cunha foto que adapta conceptualmente a portada do White álbum dos Beatles. 
Abril 
O día 7 sae a rúa Cultura Popular en formatos CD e cassette (que contén todalas cancións do espectáculo) e mais o formato vídeo, que constitúe un documento completo en dinámica edición e montaxe de Mikel Clemente do que aconteceu en Santiago en outubro do 96. A presentación o día 9 na Sala Caracol de Madrid inclúe a interpretación de todolos temas en directo e unha adaptación para video-wall da parte visual. Siniestro Total comeza facer as maletas para unha nova viaxe a América que inclúe USA, México, Arxentina, Uruguai. Inaugurase o www.siniestro.com  
Maio
Comeza ó día 9 en Lima (Perú) a xira en América Latina. Continua por Bos Aires y Rosario (Arxentina), Miami e Nova Iorke ( EEUU), México e finaliza o 9 de Agosto en Santiago de Chile. Desta xira editarase un documental para televisión co título de "Por el bien de la humanidad" dirixido e realizado por Mikel Clemente (premio da música ó millor videoclip en 1997)
Xullo
Editase en México "Así empiezan las peleas". Comezan as primeiras gravacións en estudio para o vindeiro disco de Siniestro Total "Sesión Vermú".
Agosto
Editase na Arxentina e mais Chile o "Así empiezan las peleas"
Siniestro Total gravou unha versión de Rosendo Mercado para o disco homenaxe ó propio Rosendo que saíu a venta a primeiros de Novembro. O tema escollido foi "De que vas". Neste disco hai temas de Platero y Tu, Extremoduro, Buenas Noches Rose, Reincidentes, SKA-P, Enemigos, Los Porretas, etc, etc
Setembro
Finaliza a gravación de "Sesión Vermú" nos Estudios Area Master da cidade de Vigo
Julián Hernandez finaliza a rodaxe en Barcelona da película porno "Caspa Brother´s". O seu papel era o único da película no que, magoa, non había sexo.
Outubro
Presentase no web sitio www.siniestro.com a mistura previa de "Joder Cristina" un dos temas de "Sesión vermú"
Joe Hardy mestura "SESION VERMU" nos Ardent Studios de Memphis. O mastering está feito por Joe Gastwirt en Ocean View (Os Anxeles-EEUU)
Novembro
Presentase en Madrid e sae á venta o novo disco "Sesión Vermú" o Venres 28 de Novembro. Por suposto, nunha sesión vermú" á 1 do mediodía. Siniestro Total prepara de novo as maletas para unha nova viaxe a Uruguai y Arxentina no mes do Nadal. O primeiro single editado é "A Poco Mas".
Presentación do clip de "A Poco Mas"
Decembro
Siniestro Total viaxa cara a Montevideo para facela sua presentación ante o público Uruguayo no Festival Rock'n ROU, compartindo escenario con outras bandas de rock de América Latina.. O festival é suspendido a causa da incontinencia de "El Niño" e rematan compartindo escenario no Underbar xunto os Supersónicos de Montevideo. Ó día seguiente viaxe a Bos Aires e actuación na Sala Marquee.
1998
Xaneiro
Sae á venta en Arxentina o disco "Sesión Vermú"
Febreiro
Inauguración da tenda de merchandising oficial de Siniestro Total en www.siniestro.com/merchan.
Emisión na canle "Sol Música" de Via Digital o documental "Por el Bien de la Humanidad".
Marzo  
Edición do segundo single do "Sesión Vermú". O tema escollido é "De Por Sí" e vai acompañado dun EP/CD de dous temas inéditos "Me enamoré de un presidente del gobierno adolescente procedente del espacio exterior" e "Devuélveme mis balas" e mais un terceiro tema, unha nova versión de "Gusanos en tu alcoba" só publicada anteriormente no "Así empiezan las peleas".
Comenza o xoves 5 en Vigo (Sala Nova Olimpia) a xira "STSV'98" e ten continuidade no mesmo mes por Valencia, Bilbo, Barcelona y Madrid.(Ver prensa) e nos seguintes meses polo resto da península. O concerto inaugural da xira en Vigo emitese á seguinte semana en Radio-3
Inicio da rodaxe do telefilme "Literas" dirixido por Mikel Clemente e no que Julián aparece nun papel secundario e o resto da banda interveñen coma extras. A banda sonora de "Literas" será realizada por Siniestro Total.
Maio
Emisión no Circulo de Bellas Artes de Madrid o documental "Por el Bien de la Humanidad" no ciclo de "Cinemad" organizado por "Festimad".
Xuño
Terceiro single do "Sesión Vermú". A canción escollida é "Chusma". Edición dun novo EP/CD con tres temas inéditos incluídos "Viva la Bomba", "Fat, Forthy & Back" e "Pon un objetor en tu motor".
Actuación na festa conmemorativa polas ventas do libro "Beatriz y los Cuerpos Celestes" de Lucía Etxebarría compartindo interpretacions de blues e do repertorio de ST, con "Gran Wyoming" e mais "Reverendo" no Café del Mercado.
Emisión en Barcelona Televisió do documental "Por el Bien de la Humanidad".
Nova emisión de "Por el Bien de la Humanidad" en "Mas Música" do Canal Satélite Digital, con reposición o día 5 do vindeiro mes de Xullo.
Proxección do clip do tema "A Poco Mas" no "Festival de Video de Vitoria-Gasteiz".

Foto Iñaki Mintegui

Escribenos

Portada-Noticias Discografía Links Chat Visitas Escribe una letra

[Portada/Noticias]-[Discografía]-[Links]-[Chat ST]-[Libro de Visitas]-[Escribe una letra]

Realizado por Siniestro Total y Equipo Geneura