The men, the music, the facts
A HISTORIA

 
 English    Español  
1981  Decembro 
Despois dun accidente de tráfico formase o grupo en Vigo (Galicia, ó noroeste de España) con plantexamentos iconoclastas e neo-dadaístas nos textos : punk rock galego contra-lo aburrimiento xeral. 
1982  Xaneiro 
Maqueta con doce temas enviada ó programa "Esto no es Hawai" de Jesús Ordovás en Radio 3 (Radio Nacional de España) 
Xuño 
Publicase o EP "AYUDANDO A LOS ENFERMOS" en DRO unha das novas independentes que xurdiron nesa época. 
Novembro 
Primeiro álbum ¿CUANDO SE COME AQUÍ ? (DRO 82) con quince temas grabados en tres días : éxito de ventas alternativas. 
1983  Xaneiro 
Actuacións en Rock Ola (Madrid), local clave para os novos grupos de todo o Estado. Grabación de dous temas para o programa Caja de ritmos de Televisión Española : se censura a sua emisión. 
Abril 
Germán Coppini (voz) deixa o grupo que graba su nuevo disco como trío en Setembro. 
Novembro 
Segundo álbum SINIESTRO TOTAL II : EL REGRESO (DRO, 83) con 21 temas e producido por Paco Trinidad. 
1984  Enero 
Novas actuacions en Madrid (Rock Ola), Valencia, Vigo , etc. Publícase o maxi-single SURFIN´ CCCP compartido con Os REsentidos e adicado ós líderes soviéticos mortos nesa época. 
Novembro 
Terceiro álbum Menos mal que nos queda Portugal (DRO, 84) tamén producido por Paco Trinidad : o punk da paso o power-pop e mais o rock. 
1985  Maio 
Javier F. Soto (guitarra) únese ó grupo. Na xira do verán e grábanse algúns dos concertos (Valladolid, Vigo. etc.) 
Decembro 
Cuarto álbum Bailare sobre tu tumba (DRO, 85) cunha cara grabada no directo e outra no estudio. 
1986  Marzo 
Recopilación de caras B e rarezas de GRANDES EXITOS (DRO, 86). Xira por toda España. 
1987  Abril 
Sexto álbum De Hoy No Pasa (DRO, 87), derradeiro traballo producido por Paco Trinidad. 
Outubro 
Alberto Torrado deixa o grupo para unirse a Os REsentidos. Julián Hernández deixa a batería e pasa a cantar e tocar a guitarra. Siniestro Total e provisionalmente un trío con músicos de estudio. 
1988  Abril 
Sétimo álbum Me Gusta Como Andas (DRO, 88), producido por Eugenio Muñoz : hard rock e rythm´n´blues con letras mais ácidas e menos optimistas. Unense ó grupo Segundo Grandío (baixo) e Ángel González (batería). 
Seteembro 
Maxi-single ALÉGRAME EL DÍA (DRO, 88), primeira grabación como quinteto. 
1989  Febreiro 
Video-clip dirixido por Antón Reixa do tema Hermano bebe . 
Agosto 
Viaxe a Arxentina para actuar en Bos Aires dentro dun ciclo de actividades galegas. 
1990  Abril 
Oitavo álbum e primeiro disco de ouro EN BENEFICIO DE TODOS (DRO, 90), producido por Eugenio Muñoz e grabado en Madrid, como todo-los anteriores. Entra no grupo o 6º membro na sombra : Xosé Manuel Blanco, manager personal. 
1991  Xaneiro 
Creación de LOQUILANDIA, corporación que aglutina diversas actividades de ST (editorial, merchandising, etc.). 
Setembro 
Deixan DRO e firman coa multinacional BMG-Ariola. 
1992  Febreiro 
Noveno álbum grabado en directo en Valencia con temas de todo-los anteriores : Ante Todo Mucha Calma (BMG-Ariola, 92), grabado e misturado por Eugenio Muñoz. Editase tamén en video. 
1993  Maio-Xuño 
Viaxe a Memphis (USA) para grabar con Joe Hardy, productor dos ZZ Top, Georgia Satelites, Jef Healey, etc. 
Setembro 
Publicase o décimo álbum Made in Japan (BMG-Ariola, 93), producido por Joe Hardy. Primeiro video-clip El hombre medicina , dirixido por Mikel Clemente. 
Decembro 
Segundo video-clip "Yo Dije Yeah" tamén dirixido por Mikel Clemente coa colaboración de Alex de la Iglesia, director da película Acción Mutante . Publicase unha biografía escrita por Jesús Ordovás : Siniestro Total : Apocalipsis con grelos . 
1994  Xaneiro 
Miguel Costas deixa a banda que permanece como cuarteto. Xira de inverno en clubes pequénos con aparicións baixo outros nomes e tocando a música de Frank Zappa e outros vellos coñecidos (Revolver Club, Madrid ; Playa Club, A Coruña ; A Nasa, Santiago ; etc.). 
Abril 
Terceiro video de Mikel Clemente "Cuenca Minera" . O derradeiro álbum Made in Japan publicase en Portugal. 
Setembro 
Final de xira do verán en Madrid. 
1995  Marzo-Abril 
Grabación en Memphis de novo baixo a producción de Joe Hardy. Mikel Clemente roda imáxes ó longo do Mississipi para unha reportaxe e un novo video. 
Maio 
Publicación de Policlínico Miserable (BMG-Ariola, 1995), con dezasete temas e portada e debuxos de Daspastoras. Primeiro single e vídeo Y Yo Me Callo. 
Xuño 
Presentación do disco e a xira na Sala Revolver de Madrid coa incorporación ó saxo ea percusión de Jorge Beltrán. O vestiario o deseña Suso Montero. Novo vídeo con Mikel Clemente rodado en Urnieta (Guipúzcoa) da canción Solo los estúpidos tienen la conciencia tranquila. 
Agosto 
Grabación do tema satánico "Mi nombre es legión" para o disco da banda sonora da película "El día de la bestia" de Alex de la Iglesia. 
Setembro 
Novo single do Policlinico "Respeten Nuestro Dolor". 
Decembro 
Finalización da xira do Policlinico en Naron (A Coruña) .  
1996  Xaneiro-Febreiro 
Comenza de novo o traballo de composición: maqueta con doce temas en castelan, inglés e galego ( Facundo busca lío , Land of opportunity , O que ten cú ten medo , ...). 
Marzo  
Primeiros esbozos do proxecto Cultura Popular , co traballo de búsqueda exhaustiva por coleccions e arquivos polvorientos de temas españois de rock e pop de catro décadas. Mikel Clemente faise cargo da realización e produción da parte visual, coa colaboración de Iñaki Mintegui . José Luis Arrizabalaga aporta o concepto escenográfico. A idea é reproducir un atípico programa da TV (o escenario será un xigantesco televisor) onde narrese unha atípica historia da música ibérica con actores, diapositivas e video. Ante as dimensions do traballo, aparcase momentáneamente a composición de novo material e a vella e anhelada idea dun disco de blues. 
Abril  
Paralelamente ó proxecto Cultura Popular desenvolvese a xira '96 de ST. Dada a diversidade e renovación do repertorio gravanse varios dos concertos. O final de ano haberá material procedente das actuaciones en Maceda (Galicia), Oviedo, Zaragoza, Madrid y Buenos Aires.  
Agosto 
Editase a videocassette "La vida es deliciosa" (BMG-Ariola, 1996): unha recopilación de imaxes e música que, a modo de documental, describe o traballo mais a vida do grupo durante os seus dous derradeiros discos. Tamén inclue todo-los videoclips (algún inédito) e material en directo. Todo elo filmado e editado có habitual estilo e elegancia de Mikel Clemente e o seu séquito de impecables axudantes.  
Setembro  
Hall of Fame, discográfica independente, publica un CD titulado Unmatched (Tributo a Zappa) , recopilación de grupos españois versioneando ó mestre. Siniestro Total aportan-la grabación en directo de Camarillo Brillo e Stick it out , realizada na Sala Revolver de Madrid en Xaneiro do 1994. 
Outubro  
Os días 9 e 10 e tras sete meses de traballo, presentase no Palacio de Congresos e Exposicions de Santiago de Compostela o espectáculo audiovisual Cultura Popular . Concebido para a apertura do curso universitario 1996/97, gravase toda-la música en 32 pistas dixitais e unha unidade móbil fai o propio ca parte visual (escenografía, actores, proxeccions, cine e video) baixo a supervisión de M. Clemente. 
 
Novembro  
Mezclas en ARDENT Studios (Memphis, USA), coa colaboración inestimable de Joe Hardy, da parte sonora de Cultura Popular . Fin da xira española '96 en Madrid (La Riviera) y Barcelona (Zeleste) nun fin de semá memorable por múltiples razons.  
Diciembre  
Sae á venda o novo disco do Xabarin Club da Televisión de Galicia ( A cantar con Xabarín Vol. III e IV: ¡Cada día somos mais! - Boa, 1996) que conten unha nova colección de temas de artistas galegos e portugueses. Siniestro Total aporta o tema O quen ten cú ten medo grabado con Kaki Arkarazo nos controles. ST tocan en Bos Aires na sala Dr. Jekyll o xoves 12. Ante o éxito de público repitese a actuación o domingo 15. Este reencuentro co público americano significa mais ben o comenzo dunha hermosa amizade da que xurden diversos proxectos para o futuro: publicación de discos, colaboracions, xiras, etc.  
1997  Xaneiro 
Reanúdase o traballo de composición do novo material e Segundo Grandío mixtura o mellor do que se gravou en directo de 1996 con vistas a un álbum de publicación exclusiva na América Latina que terá o nome de Así empiezan las peleas .  
Febreiro 
Colaboración con entusiastas informáticos da Universidade de Granada para a construcción da páxina Web de Siniestro Total en Internet (www.siniestro.com).  
Marzo 
Firma dun novo contrato discográfico trala finalización do anterior con BMG-Ariola. Siniestro Total traballa a partires de agora con Virgin Records e o contrato inclue a publicación de proxectos non estandar, unha vella aspiración da banda. O grupo é portada de El Pais de Las Tentaciones (suplemento do diario El Pais ) cunha foto que adapta conceptualmente a portada do White album dos Beatles. 
Abril 
O día 7 sae a rua Cultura Popular en formatos CD e cassette (que contén toda-las cancions do espectáculo) e mais formato video, que constitue un documento completo en dinámica edición e montaxe de Mikel Clemente do que aconteceu en Santiago en outubro do 96. A presentación o día 9 na Sala Caracol de Madrid inclue a interpretación de todo-los temas en directo e unha adaptación para video-wall da parte visual. Siniestro Total comenza facer as maletas para unha nova viaxe a América que inclue USA, México, Arxentina, Uruguai. Inaugurase o www.siniestro.com  
.
De Cháchara Dame una canción
 Realizado por Siniestro Total y Equipo Geneura